| |
ILUSTRACIÓN |
 |
Paciencia, 2008 | Traballo persoal.
Unha das cousas que me di esta ilustración é que quizais o importante da vida é ser consciente do que fas no momento presente, máis que estar pensando continuamente nun futuro onde se alcanzarán todas as metas =) |
 |
Sen título , 2008 | Traballo persoal.
Esta imaxe é un pensamento acerca da necesidade de soltar a identificación con todo o que aparece na TV, ou dito de outra forma, de vivir en base a pensamentos, definicións mentais, autoridades psicolóxicas, etc. |
 |
Goku Super Saiyan (fan art), 2007 | Traballo persoal.
lin que se ten proxectado facer unha película con actores reais da popular serie Dragon Ball Z , así que decidín facer unha versión persoal de como sería o aspecto de Goku real. Baseeime no actor Tom Welling para caracterizalo :)
|
 |
El Hijo, 2007 | Traballo persoal.
Esta ilustración é unha reflexión acerca da relación actual entre o ser humano e a máquina. Quixen representala dunha maneira coma os lenzo antigos, nunha sagrada unión pai-fillo. |
 |
NUM_8 7 10 20 5 9 19, 2007 | Traballo persoal.
Este traballo é un pensamento acerca da idea da transformación, resurreción e quixen representalo en dous elementos dentro dunha mesma composición. Un camiño e un contacto entre dous mundos diferentes. |
 |
Elnna´Saar, 2007 | Traballo persoal.
Nesta ilustración quixen facer unha hipotética evolución humana. Un retrato dunha xove do futuro con ollos máis grandes, nariz diferente e un maior volume cranial. |
 |
Piiitt!!!,2004 | Técnica: Photoshop.
Esta é unha ilustración dixital que fixen para o Spectacular Challenge de CGSociety. |